A concellaría de Políticas sociais, diversidade e saúde do Concello de Santiago promove este proxecto piloto, coa coordinación técnica de Arelar, no que se está a traballar no deseño dunha radio comunitaria no barrio de conxo, e que conta coa colaboración da Cadena Ser na súa parte técnica.
Nesta primeira fase, o proxecto pretende ser un laboratorio de radio para achegar ao colectivo infanto-xuvenil do barrio de Conxo, a radio como instrumento para expresar os seus intereses e inquedanzas vinculadas ao seu barrio, ao tempo que desenvolven múltiples competencias no proceso de creación dun programa radiofónico.
Tras esta primeira fase, efectuarase unha avaliación para determinar unha estrutura comunitaria na que diversas entidades do barrio teñan cabida neste proxecto educativo.