No marco do proxecto de Aprendizaxe-servizo (ApS) de separacion de residuos no fogar, que o alumnado de 4º de ESO do CPI Antonio Orza Couto está a desenvolver ao longo deste curso escolar, a semana pasada desenvolvéronse a parte dos obradoiros para perfilar a campaña de sensibilización, unha vez que os diversos materiais están a entrar na súa fase final de elaboración (dípticos informativos, carteis da campaña e material audiovisual).
Ao longo do obradoiro puideron establecerse os diferentes grupos de alumnado para a posta en marcha da campaña, asi como definir as estratexias organizativas para impulsar as diferentes actuacións previstas no proxecto: campaña porta a porta, distribucion de carteis, realización de eventos comunitarios nas feiras de Lestedo e Rodiño, e presentación da campaña cos diferentes recursos xenerados.