O pasado 19 de xuño tivo lugar en Pontevedra a I Xuntanza dos xóvenes pola sostibilidade e a paisaxe, promovida polo Instituto de Estudos do Territorio, e na que máis de 250 alumnos e alumnas de educacion primaria e secundaria onde puideron compartir experiencias e proxectos desenvolvidos ao longo do curso, ademais de realizar unha serie de seminarios temáticos onde se debateron diversos retos a abordar nos centros educativos para o traballo a prol da sostibilidade, dende diferentes ámbitos temáticos.
Ademais, neste Xuntanza, houbo representación de 5 delegacións doutras comunidades autónomas amosando os seus proxectos, e as súas experiencias nas Conferencias autonómicas que tiveron lugar en cada territorio.
Arelar participou no deseño didáctico desta xuntanza, e na súa organización.