Ven de presentarse esta mañá a campaña “Vas picar?.Mocidade libre de apostas” dirixida á prevención da adicción aos xogos de azar na mocidade e que promove a Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago.
A campaña vai dirixida a sensibilizar en torno aos elementos qeu rodean a adiccion ao xogo de azar, e poñendo esepcialmente o foco nos mozos e mozas menores de idade, como obxectivo prioritario da campaña preventiva.
A campaña xira en torno a 3 eixos, a creación dunha mensaxe e unha estética que conecte coa mocidade Compostelá, a taballo comunitario coa mocidade a través dos centro educativos (coa realización de obradoiros) e a adhesión á campaña de entidades sociais, culturais, educativas e deprotivas da cidade, e a divulgación da mensaxe dende as plataformas virtuais da campaña (www.eunonpico.gal e as suas redes sociais).
Ler máis…