Dende o pasado 6 de setembro un grupo de mozos e mozas de Vilagarcía participou no obradoiro EMOTIRADIO. Dentro deste obradoiro a mocidade participante crea diferentes pezas en formato podcast baixo o nome “Vilagarcía sen prexuízos” que pretende ser un espazo radiofónico xuvenil onde a mocidade fai escoitar a súa voz e aborda diversos temas facendo especial fincapé na vertente emocional dos mesmos.
No obradoiro creáronse dúas pezas. A primeira delas consistíu nunha entrevista a fondo co actor Vilagarcián David Seijo e a segunda cun programa con contidos oidiversos pero sempre cunha clara perspectiva emocional, abordando os impactos emocionais da pandemia, cunha seccion de relatos curtos onde as emocións xogan un papel esencial, ou coa creación dun emocionario.
En definitiva, a radio constituíu unha ferramenta de gran valor para que as mozas e mozos participantes puideran facer un percorrido emocional dende diferentes olladas.
O Emotiradio é unha actividade promovida polo Concello de Vilagarcía, coordinada por Arelar e Laboratorio de Radio e que forma parte dun programa de educación emocional para a adolescencia onde se desenvolven diversas actuacións.
A entrevista con David Seijo