O pasado 15 de abril, tivo lugar o acto de presentación das accións solidarias que tiveron lugar dentro do proxecto “Móvete” no que participaron alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela, CEIP A Lomba e CEIP das Fontiñas. As accións solidarias do alumnado abarcou ámbitos diversos como a revitalización do rural, a protección dos animais, e as necesidades básicas do noso entorno máis próximo.
Neste acto ademais, realizáronse dinamizacion lúdicas, e o alumnado puido desfrutar do concerto de Paco Nogueiras, que é o interpréte da canción que da nome a este proxecto de educación en valores e solidaridade na educación primaria.