Archives

Aprendendo a resolver conflitos dende a aula

O alumado de 2º de ESO  do IES Val do Asma de Chantada iniciaron hoxe un obradoiro de resolución de conflitos e mediación, coa finalidade de iniciarse na aprendizaxe de estratexias para a resolución pacífica de conflitos.

O obradoiro desenvolverase nesta semana en dúas sesións para propiciar a reflexión e o traballo práctico (dende o cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades debido á COVID-19) ao redor de situacións que son próximas á realidade do alumnado.

Ao longo do obradoiro o alumnado poderá afondar nunha comprensión do conflito que lle permita afrontalos de xeito satisfactorio para facilitar a súa resolución.

Así mesmo, aprenderán a detectar posicións, intereses e necesidades das partes dun conflito e aprederán competencias moi útiles para a resolución dos mesmos (asertividade, empatía, escoita activa, etc…). Algunhas destas competencias son vitais para realizar a mediación nun conflito.

Arelar desenvolve a docencia deste obradoiro.