Archives

Afondando na dinámica de grupos

Ao longo de 3 sesións, o profesorado do IES Daviña Rey de Monforte, levan traballando nunha formación ao redor das dinámicas de grupos para o traballo na aula. A formación que é impartida por Arelar, significa a parte docente do grupo de traballo coordinado polo Cefore de Monforte, e que permitirá ao profesorado do centro, instaurar diferentes materiais de traballo adaptables aos diferentes niveis educativos existentes no centro.

As sesións formativas (29 de xaneiro, 1 e 5 de febreiro) desenvolvéronse dende unha metodoloxía eminentemente práctica para permitir vivenciar ao profesorado participante, o proceso de aplicación das diferentes dinámicas de grupos, e analizar o seu impacto segundo a intencionalidade educativa que as caracterice.

A resolución de conflitos dende a xestión de grupos “diversos”

Arelar está a desenvolver unha formación ao profesorado do IES María Sarmiento de Viveiro, na que se abordan diversas ferramentas para a reolución de conflitos no quefacer cotiá do profesorado, ao tempo que se establecen estratexias e mecanismos que pretenden favorecer a convivencia dende unha perspectiva de centro.

Ao longo das 3 xornadas formativas impulsadas dende o CEFORE de Burela, partiuse das necesidades do grupo participante, en canto a xestión de aula, e das estratexias para o afrontamento de conflitos, para posteriormente ir revisando diversos recursos, e metodoloxías que permiten unha abordaxe integral do conflito segundo as situacións presentadas.

Ler máis…

A aprendizaxe das habilidades sociais a través dun Plan de Mellora Persoal

Onte veu de rematar o curso na súa parte presencial “A resolución de conflictos dende a xestión de grupos diversos” que arelar veu desenvolvendo no CIFP COROSO, e no que se abordaron diferentes contidos dende unha vertente emintemente práctica para dar resposta ás necesidades formativas do profesorado participante.

O curso entra agora na súa parte práctica, que pretende garantir a transferibilidade do aprendido no curso á realidade de cada profesor ou profesora participante.

Ler máis….