Estamos a pasar unha pandemia que está a mudar moitos aspectos da nosa vida cotiá, e que está sendo devastadora na nosa sociedade (persoas afectadas, falecementos, estrés do sistema sanitario, impactos económicos en todolos sectores sociais, ruptura dos hábitos sociais e de relación…).
Que a nosa sociedade saia airosa desta situación vai a depender de que cada quen faga a súa achega (administracións, empresas, tecido social, cidadanía…) para facer fronte a un reto sanitario, económico e social sen precedentes, e no que a educación social tamén debe xogar o seu papel….
Por iso máis ca nunca……o importante son as persoas