Archives

A mocidade a debate

Dentro do proxecto de participacion social da mocidade de Teo, coordinado por Arelar e promovido pola concellería de Benestar Social, estanse a realizar unha serie de grupos de discusión nos que a mocidade analiza en profundidade, os seus intereses e necesidades, de cara a debater sobre as mellores dinámicas e canles de participación de cara a artellar un programa de actividades de interese para os mozos e mozas do concello.

Asemade nestes grupos de discusión aparecen tamen aqueles dificultades estruturais que poden dificultar a participación (ex. A dispersión da poboación en gran cantidade de parroquias sen un núcleo central).

Ademais dos grupos de discusión, estanse a realizar entrevistas e enquisas a mocidade para coñecer a súa opinión e motivacións, de cara a integrala nas conclusións do proxecto de participación social da mocidade de Teo.

 

A creatividade e o cine como recurso educativo coa mocidade

Arelar coordina unha proposta educativa para mozos e mozas do concello de Boqueixón, na que se creará unha “micromovie xuvenil”, dirixida a desenvolver competencias e destrezas a través da creación colaborativa dunha curtametraxe, vinculándoa ao elemento patrimonial do concello.

Deste xeito, o grupo de mozos e mozas participantes, vivenciarán o proceso creativo nas súas diferentes fases, desenvolvendo unha dinámica grupal que permitiralles desempeñar múltiples funcións (interpretativas, creativas, organizativas ou técnicas….),  ao tempo que adquiren unha serie de competencias sociais, lingüísticas e dixitais, que son de moito interese para os mozos e mozas participantes.

O resultado final, será unha “micromovie xuvenil”, que poña en valor elementos senlleiros do patrimonio do concello dende a óptica dos mozos e mozas de Boqueixón.