Archives

O “xigante de pedra” visto dende a ollada xuvenil

Esta fin de semana ven de presentarse no centro de Interpretación do Pico Sacro, a curtametraxe “Xigante de pedra”, proxecto coordinado na parte técnica por arelar, e que permitiu xerar un proceso participativo no que un grupo de alumnas do CPI Antonio Orza Couto desenvolveron nas súas diferentes fases o deseño desta curtametraxe, que na súa intencionalidade pretendía xerar dende a ollada xuvenil unha posta en valor do Pico Sacro e o seu entorno. ademais o evento contou con outras achegas dende a propia comunidade tanto no plano literario, coma musical (X. Manuel Lobato, Estralampo e Sofía Silva)

Aqui tedes o enlace dunha nova publicada nos xornais sobre a presentación de “Xigante de pedra”

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/boqueixon/2016/01/17/alumnas-boqueixon-editan-cortometraje-sobre-pico-sacro/0003_201601S17C6992.htm

 

O “xigante de pedra” é patrimonio de todos

Un grupo de alumnas do CPI  Antonio Orza Couto de Boqueixón, está rematando a súa participación nunha pequena “micromovie”  na que foron partícipes dos diferentes procesos de elaboración da mesma (elaboración do guión, interpretanción, gravación,  selección de músicas, edicion e montaxe….).

“Xigante de pedra”, título da micromovie, pretende ser unha ficción que pon en valor ao Pico Sacro no seu entorno inmediato, dende a ollada dun grupo de mozas, que pasan por diversas aventuras, para a súa posta en valor e defensa.

Arelar desenvolveu a coordinación técnica deste proxecto, que terá a súa presentación pública coas súas protagonistas o vindeiro 16 de xaneiro.

 

Un laboratorio nas ondas

A concellaría de Políticas sociais, diversidade e saúde do Concello de Santiago promove este proxecto piloto, coa coordinación técnica de Arelar, no que se está a traballar no deseño dunha radio comunitaria no barrio de conxo, e que  conta coa colaboración da Cadena Ser na súa parte técnica.

Nesta primeira fase, o proxecto pretende ser un laboratorio de radio para achegar ao colectivo infanto-xuvenil do barrio de Conxo, a radio  como instrumento para expresar os seus intereses e inquedanzas vinculadas ao seu barrio, ao tempo que desenvolven múltiples competencias no proceso de creación dun programa radiofónico.

Tras esta primeira fase, efectuarase unha avaliación para determinar unha estrutura comunitaria na que diversas entidades do barrio teñan cabida neste proxecto educativo.