Archives

Construíndo un voluntariado activo

Ao longo desta semana arelar ven de coordinar unha serie de obradoiros de formación ao redor do voluntariado, que teñen como obxecto a dinamización do Plan de Acción Social do Colexio La Salle e na que o alumnado de bacharelato do centro vai a ter un papel protagonista, con diversas actuación vinculadas a varias entidades de acción social do entorno do centro.

O alumnado tivo unha resposta moi activa ao longo dos obradoiros, que continuarán o vindeiro 17 e 18 de novembro cunhas sesións extraescolares que servirán para perfilar o traballo para o resto do curso escolar no marco do Plan de Acción Social do centro.

O voluntariado: Un proxecto desexable para a mocidade do Colexio La Salle

Arelar, vai a coordinar a posta en marcha dun proxecto de dinamización do Plan de Acción Social do Colexio La Salle en Santiago de Compostela, na que o alumnado de bacharelato, a partir dun proceso formativo previo, desenvolverá unha serie de actuacións de voluntariado vencelladas a diversos proxectos solidarios en colaboración con diversas entidades sociais.

O proxecto pretende, estruturar a aprendizaxe dunha serie de competencias  e valores educativos ligadas ao desenvolvementos de accións de voluntariado con aquelas entidades coas que o centro educativo está a colaborar. O resultado final levará consigo un Plan de Accion Social do centro educativo diversificado e cun interesante impacto na contorna do centro.