O pasado 21 de xuño, tivo lugar a xornada lúdica do programa de voluntariado miúdo “Móvete” e que serviu para poñer colofón ao programa neste curso escolar. A xuntanza tivo lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío, e reuniu a 110 alumnos e alumnas dos 3 centros participantes (CEIP A LOMBA, CEIP DAS FONTIÑAS E CPI VIRXE DA CELA).
Ao longo da xornada o alumnado defrutou dunha aventura solidaria, elaborou un gran mural e defrutou de xogos na praia, sempre dende unha perspectiva colaborativa e reforzando os valores solidarios presentes en todo o programa.
Ao longo da xornada contamos coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Cecilia Vázquez, que acompañou ao alumnado e profesorado para poñer fin á xornada, e facer entrega dos diplomas acreditativos .
Neste enlace pode ver algunhas das mellores imaxes da xornada