Os primeiros pasos no voluntariado

“Os primeiros pasos no voluntariado” é o nome do curso de formación en liña, para o voluntariado, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que pretende aproximar as persoas interesadas no eido do voluntariado a unha vision panorámica do mesmo, incidindo en diversas áreas formativas dun xeito introductorio, e dende unha transversalidade de xénero, de forma que todo o traballo na acción voluntaria no curso leva asociadas ás “gafas moradas” do xénero, para dotar de sentido e intencionalidade a todo contido abordado.

De feito, o curso permite interconectar con varias das medidas incluídas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Medida 19,24 e 32).

O curso conta de 5 módulos que tentan vertebrar a formación de forma que permite ao alumnado do curso realizar un percorrido integral:

Módulo 1: Achegamento ao voluntariado

Módulo II: O efecto cascada no voluntariado

Módulo III:A formación da persoa voluntaria

Módulo IV: A igualdade no voluntariado: un enfoque transversal e transformador

Módulo V: Boas prácticas na acción voluntaria dende unha perspectiva de xénero

 

O curso remata cun traballo práctico que vincula voluntariado e coeducación. O curso é impartido por Arelar e rematará o vindeiro 10 de novembro na Plataforma de Teleformacion de Voluntariado Galego.