Está a piques de comezar un proxecto de teatro comunitario con persoas maiores no concello de Boqueixón, e que pretende ser un espazo de traballo socioeducativo a través do teatro como vía principal ( que non a única) para o seu empoderamento e estruturación dun tempo de ocio activo e enriquecedor.
O proxecto empezará ao longo do mes de marzo, e no que participarán unhas 25 persoas maiores do concello para a montaxe dunha obra de teatro, ao tempo que se desenvolven outras actividades formativas e de cohesión (excursions, obradoiros de memoria, etc…)