Obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores

Hoxe veñen de comezar no IES Rosalía de Castro os obradoiros para a prevención da adicción ao xogo en menores, dirixidos a alumnado de 3º e 4º de ESO,  e que son unha das actuacións encadradas no marco dunha campaña para a prevención do xogo de apostas que impulsa o Concello de Santiago.

 

Estes obradoiros pretenden ser unha ferramenta de traballo, dirixida a abordar a problemática do xogo na adolescencia, incidindo especialmente nos factores de risco e de protección como mecanismos para establecer unha estratexia preventiva.

Asi mesmo, os obradoiros van dirixidos a crear mensaxes da propia campaña, de forma que o alumnado poida ter unha participacion activa na creación das mensaxes centrais da campaña.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto.