Hoxe ven de iniciarse unha serie de obradoiros de prevención do acoso escolar nos diferentes grupos de FP Básica do CIFP COROSO en Ribeira, e que pretenden concienciar e sensibilizar sobre esta problemática, e analizar as diferentes actuacións que podemos adoptar para a protección da vítima, a abordaxe cxs acosadorxs, ou rpomover unha convivencia positiva e baseada no respecto.
Os obradoiros desenlvólvense cos 3 ciclos de FP Básica existentes no centro (Mantemento de embarcacións, Mantemento de vehículos e industrias alimentarias ). En concreto é o alumnado de 1º de cada ciclo o que participan destes obradoiros.
A metodoloxía empregada é enminentemente práctica e a través dos traballos en pequeno grupo, os role playing, e a análise de audiovisuais, o alumnado amosa un nivel de implicación moi elevado que permite aos grupos traballar dun xeito moito máis produtivo.
Este é o segundo curso que Arelar desenvolve estes obradoiros co alumnado deste centro, debido a boa acollida dos mesmos por parte do alumnado e do profesorado.