Máis de 215 alumnos e alumnas de educación primaria compartiron proxectos e experiencias no Museo do Gaiás.
Ao longo da xornada de onte 215 nenos e nenas e 25 mestrs e mestras participaron no Encontro do Voluntariado Míúdo, a través dos seus proxectos solidarios e de voluntariado, que 12 centros de toda Galicia desenvolveron ao longo do curso 2018-2019.
Este programa é promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e na súa benvida aos centros contou coa presenza de Fabiola García Conselleira de Política Social e da Directora Xeral de Xuventude, Participacion e Voluntariado, Cristina Pichel.
A xornada estruturouse en 3 espazos principais. O primeiro consistíu na presentación de experiencias, na que o CPR PP Somascos de A guarda e o CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros, compartiron as súas experiencias vencelladas ao maltrato animal, e a inclusión e a solidaridade.
O segundo espazo, foi “espazo interactivo aberto” no que tódolos centros participantes (7 en total) presentaron dun xeito lúdico e dinámico unha serie de propostas interactivas vencelladas directamente co seu proxecto solidario e de voluntariado en cada centro educativo. Deste xeito, o alumnado puido achegarse aos proxectos dos seus centros de modo ameno e propicinado o enriquecemento e as redes entre tódolos nenos e nenas implicados.
O tercerio dos espazos, consistiu nun fenomenal concerto de Paco Nogueiras co seu espectáculo “Radio Bule Bule”, e que incluiu no seu repertoria a canción “Móvete” composta por Paco Nogueiras explícitamente para o programa de Voluntariado Miúdo.
Ademais, ao longo da xornada o alumnado puido desfrutar en diferentes momentos do Parque no Lago e o Bosque de Galicia.
O evento coordinado por Arelar, tivo gran seguimento nos medios:
máis de 1300 nenos aprenden valores co voluntariado miúdo
O Gaiás acolleu o Voluntariado Miúdo
O Voluntariado Miúdo promove a educación en valores de pequenos e pequenas