Ven de presentarse hoxe dende a Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago, o proxecto de “Teatro-Foro” que se está a desenvolver como proxecto piloto en 3 centros educativos da cidade (IES Xelmirez I, IES Xelmirez II e IES Pontepedriña).
O obxectivo deste proxecto reside en poder impulsar esta metodoloxía innovadora nos centros educativos como mecanismo para traballar problemáticas socioeducativas desde unha perspectiva transformadora, e de cambio da realidade, construíndo realidades de personaxes perfectamente achegados á realidade, e onde se pode abordar situacións moi diversas vencelladas á violencia de xénero, o acoso escolar, a prevención de drogodependencias, etc…
O proxecto está a impulsarse ao longo do curso escolar en 3 centros educativos, e está tendo unha extraordinaria acollida por parte dos centros educativos, o seu profesorado e o seu alumnado, xa que son parte activa e protagonista da creación das situacións, e a súa representación.
Arelar leva a coordinación do proxecto e a súa implementación nos diferentes centros educativos
A presentación do proxecto tivo acollida en diversos medios e plataformas:
Presentación do proxecto de Teatro Foro en rolda de prensa
recollida da presentación do proxecto na Cadena Ser_Radio Galicia (a partir de minuto 13´12″)