Esta semana ben de rematar o obradoiro de resolución de conflitos que se ten desenvolvido co grupo de autoxestores de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, e que permitiu ao grupo traballar sobre a importancia do grupo para a creación dun clima relacional positivo, a análise de conflitos e a introdución nalgunhas ferramentas para a xestión positiva de conflitos.
O grupo traballou ao longo das diferentes sesións do obradoiro con moito interese e motivación achegando reflexións e propostas axustadas á súa realidade cotiá.
Finalmente plantexáronse estratexias específicas que poden axudar aos grupos a xestionar satisfactoriamente os diferentes conflitos que poden aparecer froito da convivencia e a interacción interpersoal.
arelar desenvolveu as sesións formativas na sede de FADEMGA.