O pasado sábado 9 de abril, tivo lugar o I Foro da Mocidade de Teo, no que os mozos e mozas participantes traballaron ao redor de 67 propostas de actividades a incluír na programación para o curso 2016/2017, establecendo 5 ámbitos de traballo: Cultura / Deporte / Medioambiente e consumo responsable / Formacion e emprego / Outro
Ademais analizáronse 11 posibles criterios de ponderación das actividades, o que deu pé a un proceso de priorización para determinar as 5 actuacións que se incluirán na programación para o vindeiro curso.
Este Foro da Mocidade é froito das medidas incluidas no plan de acción do estudo diagnóstico realizado por Arelar.