O apalpador chegou a Rodeiro para encher de felicidade e música a entrada do novo ano
Onte pasou o apalpador por Rodeiro, e acompañado polo seu trovador Servando, viñeron dende os Ancares para compartir un momento cheo de ledicia e respecto pola natureza.
Como agasallo, o apalpador deu unha landra a cada neno e nena para que prantar un carballo e enriquecer asi os nosos montes desta querida árbore tan nosa.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do campamento de Nadal que se desenvolve no Concello de Rodeiro e permite propiciar a conciliación laboral e familiar ao tempo que xerar un espazo de ocio e diversión con clara vocación educativa.
Arelar coordina esta actividade que ten lugar en Rodeiro dende o 26 de decembro ate o 5 de xaneiro, e que rematará coa chegada dos Reis Magos a Rodeiro, para facer entrega dos agasallos e xerar gran ilusión a nenos e nenas.
Na programación inclúense actividade educativas en liña, excursións, actividades de animación a lectura e creación de contos con títeres, manualidades e un traballo transversal vencellado á educación emocional entre as actuacións máis destacadas.