O Acoso escolar a debate en Palmeira

Arelar desenvolve unha sesión formativa para nais e pais do CEIP de Palmeira sobre acoso escolar

O pasado xoves 14 de febreiro, Arelar desenvolveu unha sesión formativa baixo o título “Acoso escolar: Pautas para a prevención e o afrontamento dende as familias”, onde preto dfunha treintena de nais e pais participaron activamente desta sesión na que se puideron analizar os diferentes elementos de relevancia para a prevención e o afrontamento dunha situación de acoso escolar.

Así mesmo, ao longo da sesión efectuose moito énfase no rol dos espectadores a hora de abordar a prevención e a proteccion da vítima dunha situacion de acoso escolar, e cal é o papel da familia para promover condutas de protección ante unha vítima de acoso escolar.

A sesión foi promovida dende a ANPA do CEIP de Palmeira e co financiamento do CAFI, dentro do programa piloto que está a impulsar para a formación de nais e pais dos diferentes centros educativos.

As nais e pais valoraron moi positivamente a sesion formativa amosando o seu desexo de dar continuidade a este tipo de sesións formativas, nun tema que é de especial relevancia para as familias do centro.

Nalgún dos diarios da comarca a sesión formativa tivo amplo seguimento:

https://www.diariodearousa.com/articulo/barbanza/experto-destaca-palmeira-papel-fundamental-espectadores-casos-acoso-escolar/20190215093343233801.html