“Non necesito un principe” é o título da peza de teatro foro que está a preparar o alumnado de 2º de ESO do CPI de Zas dende o mes de xaneiro e que aborda o problema das condutas homófobas a través dunha peza creada polo alumnado e que está agora na última fase de ensaio para poder representar ante outros compañeiros e compañeiras do seu centro educativo.
O alumnado de 2º de ESO está a desenvolver un extrarordinario traballo tanto na fase creativa como na fase de ensaio, na que o alumnado está a asumir diferentes roles moito máis alá da tarefa interpretativa.
A representación da peza ante o alumnado realizarase a finais do mes de marzo, e nela o alumnado que participa como público desenvolverá o rol de “espect-actor” ou “espect-actriz” tendo que asumir un papel protagonista na transformación da peza orixinaria e podendo aplicar estratexias de afrontamento das condutas opresoras que sofre a protagonista da peza. A técnica do teatro foro é a máis coñecida das impulsadas polo dramaturgo brasileiro Augusto boal dentro do Teatro do Oprimido, do cal é o seu creador.
O proxecto foi deseñado e está a ser executado por Arelar.