Hoxe ben de rematar o Interactuando no tempo libre 2016. Unha experiencia de intercambio e de convivencia dos e das profesionais do eido do ocio e o tempo libre. Arelar participou activamente no espazo de panel de experiencias compartindo as súas vivencias no proxecto de participación social da mocidade de Teo.
Ademais, establecéronse 4 grupos de traballo vencellados as seguintes campos:
-Formación no tempo libre.
-Traballar no tempo libre na Galicia do S. XXI
-A educación como acción social transformadora.
-Adquisición de competencias a través da aprendizaxe non formal.
Despois de tantos anos sen o Interactuando, é unha boa nova o rexurdir desta emblemática iniciativa para a mellora da profesión.