Hoxe vense de desenvolver unha serie de obradoiros ao longo de toda a mañá co alumnado de educación primaria do CEP de Carreira para a prevención e sensibilización ao redor do acoso escolar. Os obradoiros establecéronse en 3 grupos. 1º e 2º de ed. primaria recibiron un obradoiro sobre as respostas alternativas á agresividade nos conflitos, e o valor da empatía, namentres que os grupos de 3º e 4º de ed. primaria e o grupo de 5º e 6º recibiron un obradoiro de prevención do acoso escolar para aprender a identificar o acoso escolar, e establecer os mecanismos de actuación e prevención principais, tendo en conta os diferentes protagonistas no acoso escolar (vítima, acosador/a e espectadores).
Arelar desenvolveu estes obradoiros froito da inicitativa da Anpa do centro e que previamente recibira formación ao respecto por parte de Arelar. Deste xeito, as actuacións preventivas tiveron un enfoque máis integral na comunidade educativa.