O Proxecto “Emotiradio” ten como propósito esencial que a radio sexa un medio canalizador dun traballo emocional cos nenos e nenas de Arzúa, de xeito que as crianzas sexan as protagonistas do seu propio programa radiofónico, no que o traballo de produción de contidos ao redor das emocións será o eixo vertebrador.
As emocións abordaranse dende múltiples perspectivas: contos narrados, entrevistas, reportaxes, etc….
En definitiva, o proxecto creará como produto final un podcast radiofónico xerado no seo da comunidade polas súas propias crianzas e que permitirá visualizar a trascendencia da aprendizaxe emocional en múltiples situacións dentro desta nova realidade que nos toca vivir trala aparición da COVID-19.
O proxecto é promovido polo Concello de Arzúa e desenvolvido na parte técnica por Arelar e Laboratorio de Radio.
No desenvolvemento da actividade séguese un protocolo hixiénico-sanitario que inclúe toma de temperatura, distancia física de 1´5m., uso de máscaras, e emprego de xel hidroalcóholico entre outras medidas.