Esta semana, o alumnado do CPI Antonio Orza Couto, visitou o Punto limpo do concello de Boqueixón, como parte do seu proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) dirixido á sensibilización da cidadanía, sobre a separación de residuos no fogar.
Na visita puideron comprobar os tipos de resiudos que máis se recollen e cales son aqueles que máis se botan en falta. Ademais, ao longo da visita puideron obter información sobre como se produce o sistema de recollida de residuos no concello con cada tipoloxía de residuos.
Ademais, o grupo de alumnado de 4º de ESO adicou un tempo da súa visita a realizar diversas tomas e unha entrevista ao técnico municipal, para incluir dentro dun audiovisual e que están a preparar como un dos materiais que conformarán a campaña de sensibilización, dentro do proxecto de ApS.
Ao longo deste trimestre terá lugar a elaboración dos diferentes materiais que conforman a campaña e no terceiro trimestre terá lugar a posta en marcha das accións de sensibilización.