Dende onte Arelar desenvolve na sede de FADEMGA en Santiago de Compostela un obradoiro dirixida a aprendizaxe de estratexias para a resolución de conflitos e á promoción da conviviencia positiva nas relacións interpersoais.
O obradoiro desenvólvese ao longo de dúas sesións e pretende xerar un espazo de diálogo e reflexión entre o grupo de autoxestores de FADEMGA para a adquisión das diferentes habilidades para a xestión positiva de conflitos no seu desenvolvemento persoal.
Ademais, na primeira sesión abordouse a importancia da creación dun clima agradable e as ferramentas para a cohesion grupal e o traballo en equipo, como mecanismo para a prevención e o fomento dunha convivencia positiva que facilita o regulamento emocional, relacional e produtivo de cada grupo.
A primeira sesión permitiu ver a un grupo tremendamente participativo e reflexivo nos diferentes aspectos que se foron abordando o que favoreceu a dinámica de traballo pretendida. Nas vindeiras semanas terá lugar a seguinte sesión formativa, dirixida á resolucion de conflitos e as estratexias para a xestión dos mesmos.