Arelar ven de participar como docente no marco dun curso de Directores de Tempo Libre, que organizou Don Bosco ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril e maio, e que tivo na súa última fin de semana, un espazo para coñecer diversas experiencias no eido do tempo libre coa mocidade
As achegas que fixemos dende Arelar, xiraron en torno a proxectos de dinamización xuvenil con entidades municipais, e no que se plantexaron proxectos globais de estudo dos procesos de participación e dinamización xuvenil, ao tempo que se compartiron experiencias vencelladas a proxectos cun marcado carácter creativo, e que se apoiaban en centros de interese específicos da mocidade, pero sempre dende un enfoque comunitario.
O resultado final, foi un espazo de interacción moi produtivo de cara a estraer conclusión sobre a dinamizacion xuvenil.