Ven de presentarse no Concello de Santiago a segunda edición do proxecto de Teatro Foro, que pretende promover a educación en valores dende a aplicación do teatro foro como ferramenta transformadora
Ao redor de 500 alumnos e alumnas de 3 centros de Compostela van a participar no proxecto de teatro foro para a educación en valores, para abordar diversas problemáticas que lle son cercanas e sobre as cales teñen moito que dicir e facer.
Deste xeito, alumnado de ESO, ou FP participarán neste proxecto creando as súas propias pezas teatrais e sobre todo xerando un recurso didáctico de primeiro orde para abordar o acoso escolar, a prevención das drogodependencias, a violencia de xénero ou o machismo como eixes de sensibilización.
No proxecot participan 3 centros da cidade (IES Xelmirez I, IES Xelmirez II, e IES Pontepedriña) se ben como novidade este ano o proxecto ofrece a posibilidade de representar a peza noutros centros da cidade, para dar a coñecer esta metodoloxía ademais de ofrecer outro recoñecemento ao esforzo do alumnado ao compartilo con outros centros. Este é o caso do IES SAR que recibirá ao alumnado do IES Pontepedriña.
O proxecto é promovido pola Concellería de Mocidade do Concello de Santiago e coordinado tecnicamente por Arelar Xestión Socioeducativa.
Aqui podedes consultar diversas ligazóns coa nova: