Category Archives: RCES

O III Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios: Participación e solidaridade

O pasado 28 de maio tivo lugar na Cidade da Cultura o III Encontro da Rede de centros Escolares Solidarios, na que 110 alumnos e alumnas e 12 profesores e profesoras de 7 centros da rede compartiron proxectos, experiencias, e iniciativas de gran valor educativo e impacto solidario.

A xornada foi moi completa e dinámica e o marco de traballo inmellorable.

A xornada iniciouse coa inauguración por parte de  Alberto Otero Peña, Subdirector Xeral de Voluntariado e Participación, e por parte de Felicitas Rodriguez Gonzalez,  Xefa de departamento da Sociedade da información.

A continuación puidemos ollar as micromovies elaboradas polo alumnado, referidas a temáticas moi diversas, a etnia xitana, cooperación par ao desenvolvemento, o bullyng e o consumo de drogas…..e onde a acción voluntaria e a solidaridade xogaban un papel esencial no seu deseño.

A continuación puidemos coñecer de primeira man o resultado do II Encontro Construíndo redes, celebrado no albergue Lug-II e onde se elaborou un lipdub da canción da RCES e se determinaron as accións a realizar para o vindeiro día internacional do voluntariado.

A continuación visionamos diversos spots solidarios realizados polos centros da rede e que son en si mesmos instrumentos para a dinamización do voluntariado.

Despois dun merecido descanso tivemos espazo para interactuar, comunicar e facer rede, e ali traballamos na elaboración dun lema, coñecer o que é un comité solidario, ou realizar fotos solidarias moi creativas.

Tralo xantar desenvolvimos o espazo interactivo aberto onde se daban a coñecer os proxectos dos centros, a realización das actividades solidarias a compartir, un mercado do troco, un “World café” para o profesorado, e puidemos asistir ao “Volunradio”, primeiro programa de radio da RCES con entrevistas, información, publicidade solidaria, e que permitiu coñecer un pouco máis a RCES.

O encontro rematou coa gravación do videoclip da canción da RCES “móvete” composta por Paco Nogueiras, e na que contamos coa colaboración do alumnado do CEIP de Fontiñas na elaboración da coreografía. Finalmente desfrutamos dun miniconcerto de Paco Nogueiras que puxo fin ao unha intensa xornada chea de amizade, valor educativo e compromiso solidario.

 

IMG_8598

Un espazo para compartir experiencias

Ven de producirse no IES POLITÉCNICO de Santiago, a xornada de formación inicial no marco do Plan Proxecta. para o profesorado implicado no programa de Rede de Centros Escolares Solidarios (RECS) promovido pola Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado,  e no que se desenvolveron traballos específicos para a construción compartida do programa, priorizando criterios e establecendo as liñas básicas de acción.

Ademais, o profesorado compartíu algunhas experiencias educativas de moito interese en relación aos proxectos solidarios que se impulsan dende os diferentes centros educativos integrados na RCES.

O grupo de profesores e profesoras tamén abordaron estudos de casos específicos sobre como aplicar as competencias básicas na RCES.

Arelar dinamizou a xornada formativa nos seus diferentes espazos.