Category Archives: RADIO COMUNITARIA

A mocidade nas ondas!!

“A mocidade nas ondas” é un proxecto que Arelar desenvolveu conxuntamente en 3 concello galegos (Vedra, Boqueixón e Vila de Cruces) e que permitiu a mozos e mozas destes concellos experimentar na creación dun progama radiofónico dende unha perspectiva comunitaria e na que puideron indagar tamén nos seus intereses e inquedanzas.

O resultado final foi un podcast cun progama radiofónico froito da elaboración da mocidade e na que o elemento central é a visión xuvenil sobre o seu concello, ou aquelo que lle rodea.

Para a elaboración dos programas conformouse en cada concello un equipo de traballo de mozos e mozas que traballaron no deseño do programa, elaboración de contidos, gravación de cuñas publicitarias, elaboracion de reportaxes, etc…

radio-boqueixon
Un grupo traballandono deseño do programa “Boqueixove en onda”

O resultado final foron 3 programas de radio, xenuinos e dinámicos, que reflicten perfectamente o proceso de traballo elaborado. (“Somos Vedra”, “Boqueixove en onda” e “Crucesmanía”)

Deixámosvos aqui unhas mostras.dos mesmos:

Boqueixove en onda

Somos Vedra

O “crucesmanía” podes escoitalo premendo aqui abaixo:

 

 

Un laboratorio nas ondas

A concellaría de Políticas sociais, diversidade e saúde do Concello de Santiago promove este proxecto piloto, coa coordinación técnica de Arelar, no que se está a traballar no deseño dunha radio comunitaria no barrio de conxo, e que  conta coa colaboración da Cadena Ser na súa parte técnica.

Nesta primeira fase, o proxecto pretende ser un laboratorio de radio para achegar ao colectivo infanto-xuvenil do barrio de Conxo, a radio  como instrumento para expresar os seus intereses e inquedanzas vinculadas ao seu barrio, ao tempo que desenvolven múltiples competencias no proceso de creación dun programa radiofónico.

Tras esta primeira fase, efectuarase unha avaliación para determinar unha estrutura comunitaria na que diversas entidades do barrio teñan cabida neste proxecto educativo.