No marco do proxecto de radio comunitaria de Conxo, a Concellaría de Política Social do Concello de Santiago, promove a radio como instrumento para facer comunidade e dar voz a entidades, colectivos e persoas con gañas de contar algo, sempre dende unha perspectiva comunitaria.
Este é o caso do psiquiátrico de Conxo, que onte iniciou o seu proxecto de radio comunitaria na que está empezando a dar forma ao programa radiofónico titulado ” A movida de Conxo” e que permitirá ser un instrumento para facer fronte aos diferentes estereotipos e prexuizos que poidan existir na sociedade en torno a enfermidade mental.