Category Archives: Efeméride

“Cada xesto conta”: Voluntariado en acción

 

O alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES) conmemorou o Día Internacional do Voluntariado cunha serie de accións coordinadas e dirixidas a poñer en valor a figura do voluntariado á hora de dar apoio entorno a aquelas necesidades que actualmente están presentes nas nosas sociedades.

Para iso, celebraron unha videoconferencia para compartir as experiencias que se ían a desenvolver ao longo da xornada. Todas elas vencelladas ao contacto cos nosos maiores, actuación consensuada meses atrás entre o alumnado dos diferentes centros. Deste xeito, cada centro deseñou actuacións especificas para traballar psicomotricidade, elaborar programas de radio cos maiores, realizar actividades de acompañamento, etc… Cada actividade co maior dos entusiasmos e cariño por aquelas persoas que o deron todo por nós.

Para rematar, o alumnado da RCES, decidiu realizar unha serie de “selfies solidarios” con mensaxes propias, transmitindo o valor da acción voluntaria, máis alá do día de hoxe.

Parabéns!

CVXp17xWEAEVsP-

Unha alumna nos momentos previos á videoconferencia

2 de outubro: Día Mundial da Educación Social

Feliz día para todas e todos os profesionais da educación social, que co seu traballo e bo facer, tentan transformar realidades, e afrontar retos día a día, sempre ao carón das persoas, e das súas necesidades.

Esta efeméride resulta fundamental para visibilizar unha profesión, que na súa diversidade profesional atenden multitude de problemáticas socioeducativas, e que ten unha compoñente vivencial e vocacional moli forte que é de xustiza recoñecer e valorar no Día Mundial da Educación Social.

Feliz Día!

dai mundial da educacion social