Arelar ven de participar ao longo da mañá na xornada formativa “Unha mirada ás saídas profesionais das Educadoras e Educadores Sociais” dirixida ao estudantado de grao de Educación Social, e que pretendía achegar diversas saídas profesionais propias do alumnado de educación social en ámbitos diversos, e que poideran ser do seu interese no proceso de saída ao mercado laboral.
Arelar foi convidada para desenvolver a videoconferencia “Educación social e desenvolvemento comunitario: Que posibilidades ofrece a iniciativa privada?” na que se pretendeu identificar claves para o desenvolvemento dun proxecto profesional encamiñado ao autoemprego, e que conexións ofrece co desenvolvemento comunitario, identificando ferramentas específicas de moita utilidade para a realización de proxectos de carácter comunitario.
A Xornada foi realizada en formato en liña e foi organizada pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Orientación Laboral e Emprego da USC e o Ceesg.