Hoxe ven de iniciarse a XXVI edición das Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE) que teñen lugar do 27 ao 29 de xuño en Donostia-San Sebastián, co título “A competencia e cidadanía dixital para a transformación social”.
As xornadas teñen como obxectivo profundizar sobre o impacto social das prácticas e investigacións sobre tecnoloxía educativa que se levan a cabo en diferentes institucións.
Arelar e Laboratorio de radio presentan nestas xornadas unha comunicación co título: “A experiencia conta”. Unha experiencia interxeracional tecnolóxica-inclusiva.
A comunicación preséntase dentro da liña 1 de comunicacións: “prácticas con tecnoloxía e inclusión” e pretende amosar a potencialidade da radio como instrumento para a inclusión dentro dun contexto comunitario que pon en valor a diferentes xeracións baixo un mesmo fin: crear un programa de radio no seo da súa comunidade.