“Boqueixón Recicla”, é a denominación da campaña de sensibilización do proxecto de aprendizaxe-servizo (ApS) que están a desenvolver o alumnado do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón, e que entra agora na súa recta final, coa posta en práctica desta campaña para a mellora na separación de residuos no fogar.
Antes de chegar a este punto, o alumnado recibiu unha serie de formacións previas, e elaborou unha serie de visitas a equipamentos especializados na xestión de residuos
En concreto as visitas efectuáronse ao Punto Limpo do concello e a SOGAMA.
A terceira fase do proxecto, residiu na elaboración dos materiais da campaña – díptico informativo + cartel da campaña- audiovisual de divulgación + enquisas- dende as diferentes materiais do curriculum, os cales culminaron coa planificación da posta en práctica desta campaña: campaña porta a porta, xornadas de sensibilización en Lestedo e Rodiño, divulgación do audiovisual, e reparto de carteis en establecementos de atención ao público do concello.
Este domingo tivo lugar a presentación da Campaña, no centro de Interpretacion do Pico Sacro, coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.
Despois da presentación, na feira de Lestedo, tivo lugar a campaña de sensibilización cun posto para a concienciación medioambiental onde o alumnado interactuou ao longo da mañá co numeroso público asistente.