O Club de Maiores de Boqueixón representou o pasado venres esta peza teatral na Casa de Cultura de Bertamiráns
O Clube de maiores presentou o venres a noite, a peza “Urxencias” no marco do certame de teatro afeccionado do Concello de Ames e que pretende achegar ao público as vivencias nun ton de parodia dunha sala de urxencias moi especial chea de sorpresas e situacións disparatadas.
O clube de maiores conformado por 24 actrices e actores leva traballando este ano nesta peza cunha clara vocación comunitaria ao tempo que o traballo escénico serve para o desenvolvemento integral de cada unha das persoas implicadas no proxecto.
Arelar leva a coordinacion técnica deste proxecto, que ao tempo que está a desenvolver diversas actuacións desta peza, como foi na Residencia de Codeso (Boqueixón) fai moi poucas datas, está a preparar unha nova peza para o vindeiro ano.
En definitiva, o teatro é un recurso moi interesante para o traballo con persoas maiores, e activar o seu tempo de ocio dende múltiples perspectivas (social, emocional, intelectual e física).