Este fin de semana tivo lugar un obradoiro de compostaxe no marco do proxecto ECO-LÍDER, dirixido ao empoderamento xuvenil de Boqueixón no eido ambiental, e que impulsa a asociación cultural e xuvenil Muíños.
O proxecto desenvolve diversas liñas de accción. Unha delas ten que ver coa realización dunha campaña de sensibilizacion da cidadanía hacia a compostaxe doméstica. O obradorio realizado esta fin de semana serviu para sentar as bases da campaña tras un traballo previo dirixido a resolver dúbídas e coñecer o proceso de compostaxe.
Arelar coordina as accións técnicas deste proxecto.