O pasado 22 de outubro tivo lugar no centro de Día de Castrelo de Miño, a visita guiada da exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, con alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria do CEIP de Castrelo de Miño, e a través da cal, puideron reflexionar, xogar e interactuar en base aos contidos plantexados na exposición.
O proceso educativo xerado foi moi productivo e permitiu abordar reflexións moi intersantes sobre os impactos do cambio climático, as causas que o orixinan e as solucións para minimizar os seus efectos, tanto a nivel local, coma global.
Arelar desenvolveu a parte técnica da visita guiada.