O Clube de Maiores de Boqueixón están a preparar a obra “Urxencias”, unha peza coral que a modo de parodia retrata a vida nunha sala de urxencias dun hospital moi peculiar.
Na preparación desta peza teatral participan 26 maiores, que con moito traballo e ilusión están a piques de levar a escena esta obra cómica. O vindeiro 22 de abril será a estrea na Casa da Cultura de Camporrapado.
Outro dos aspectos máis salientables fai mención ao proceso de traballo na construción da peza por parte dos maiores, na que partindo da obra de Suso de Toro, “servicio de urxencias”, establecéronse unha serie de adaptacións, que fixeron o proceso de construción moito máis rico e diverso.
Arelar desenvolve a coordinación técnica deste proxecto de teatro comunitario.