Ven de presentarse os resultados do proxecto de radio comunitaria para a educacion en valores no barrio de Conxo, e que implicou a 5 entidades do barrio (fundación Down Compostela, IES Eduardo Pondal, CEIP Quiroga Palacios, CSC de Conxo e Asociación Dignidade) na elaboracion dunha serie de programas radiofónicos vencellados ao territorio ( o barrio) e aos diferentes centros de interese dos seus protagonistas : o colectivo infanto-xuvenil do barrio.
O resultado final foron unha serie de podcast onde se abordaron temas moi dispares( educación, a loita contra a discriminación, promoción da diversidade, educación, historia do barrio, cultura e lingua, etc…), que contaron coa implicación dos seus protagonistas no proceso de elaboración dos diferentes contidos, deseño do guión, etc…
O pasado 4 de xaneiro, presentouse en rolda de prensa os resultados do proxecto, contando coa presenza dalgún dos seus protagonistas.
aqui podedes acceder á nova sobre a rolda de prensa:
Nova sobre a rolda de prensa do proxecto de radio comunitaria de Conxo
Aqui podedes acceder a algún dos podcast xa rematados do proxecto, e que dan boa conta do traballo en equipo efectuado dende as diferentes entidades:
“Conxo actualidade”
“seis cuerdos e medio”
Este proxecto é promovido pola Concellaría de Política Social don Concello de Santiago, e no que Arelar desenvolveu a coordinación técnica do proxecto e contou coa colaboración de laboratorio de radio na fase final do proxecto.