Hoxe, ven de presentarse no CPI Virxe da Cela (Monfero) o proxecto “Móvete” xunto ao videoclip da canción do mesmo título, composta e interpretada por Paco Nogueiras e que servirá de fío conductor dun proxecto piloto de promoción dos valores solidarios e do voluntariado na educación primaria.
Neste proxecto participarán alumnos e alumnas de 3 centros educativos (CPI Virxe da Cela de Monfero, CEIP Fontiñas de Santiago de Compostela, e CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa). O proxecto constará duns obradoiros que terán a canción de Paco Nogueiras como fío conductor e froito desta formación, o alumnado participante deseñará unha serie de actuacións solidarias que compartirá co resto dos centros nun acto conxunto que rematará cun gran concerto de Paco Nogueiras coa canción “Móvete”, como emblema deste proxecto solidario.
Na presentación deste proxecto da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, estiveron presentes a Directora Xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, e Paco Nogueiras, compositor e intérprete da canción.