Dentro do proxecto de participacion social da mocidade de Teo, coordinado por Arelar e promovido pola concellería de Benestar Social, estanse a realizar unha serie de grupos de discusión nos que a mocidade analiza en profundidade, os seus intereses e necesidades, de cara a debater sobre as mellores dinámicas e canles de participación de cara a artellar un programa de actividades de interese para os mozos e mozas do concello.
Asemade nestes grupos de discusión aparecen tamen aqueles dificultades estruturais que poden dificultar a participación (ex. A dispersión da poboación en gran cantidade de parroquias sen un núcleo central).
Ademais dos grupos de discusión, estanse a realizar entrevistas e enquisas a mocidade para coñecer a súa opinión e motivacións, de cara a integrala nas conclusións do proxecto de participación social da mocidade de Teo.