“A frustración de Nadia” é unha peza de teatro foro creada polo alumnado de 2º de ESO do CPI Ponte Carreira, e que aborda a problemática do ciberbullying. Ao longo do primeiro e segundo trimestre o alumnado preparou esta peza con 10 cadros-escena, nos que se aborda a realidade do ciberbullying nos xogos en liña, nas redes sociais, etc… prestando especial atención nos impactos emocionais que xeneran.
O resultado final é unha peza de 25 minutos de duración que amosa a realidade dunha alumna de 13 anos con pais que migraron do seu país e que sufre o rexeite e o desprezo dos acosadores, e ante a impasividade dun sector importante do alumnado.
A peza tamén tenta poñer o foco no alumnado observador de situacións de bullying e ciberbullying como mecanismo para a prevención e minimización dos danos na vítima.
O alumnado ven de representar “a frustración de Nadia” dúas veces ao alumnado de secundaria do centro e ao alumnado de 5º e 6º, desenvolvendo á perfección o seu rol de “espect-actores” ou “espect-actrices” no teatro da oprimida.
O alumnado que participou da sesión de teatro foro amosou a súa satisfacción coa experiencia e valorou o seu interese educativo.
Só queda por efectuar unha terceira representación que será ás familias o vindeiro xoves 10 de marzo, e que permitirá abordar o rol da familia na detección e prevención do bullying e o ciberbullying.
Arelar desenvolve a coordinación técnica deste proxecto que foi impousado polo CPI de Ponte Carreira coa financiación do proxecto por parte do Concello de Frades.