Ao longo deste curso escolar, o departamento de Mocidade do Concello de Santiago está a impulsar un proxecto piloto de teatro foro en diversos centros educativos da cidade. O obxectivo é impulsar a realización dun teatro foro ao redor de temáticas de interese para alumnado e profesorado, empregando o teatro foro como instrumento canalizador. Nesta fase do proxecto o IES Xelmirez I, IES Xelmirez II e IES Pontepedriña, participan do proxecto creando diversas pezas teatrais para abordar denden esta metodoloxía pertencente ao teatro do oprimido de Augusto Boal.
As temáticas son diversas e permiten traballar ao redor de situacións moi próximas á realidade do alumnado participante. Deste xeito, o ciberacoso, a violencia de xénero ou a prevención de drogodependencias son algúns dos eixos vertebradores dos diferentes teatros foros.
A participación do alumnado en todo o proceso creativo é fundamental dende a creación do guión á definición dos diversos aspectos escénicos forman parte do traballo educativo, ate a representación final do teatro foro ante outros compañeiros dos seus respectivos centros educativos.
Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto.