O pasado 4 de outubro, máis de 150 alumnos e alumnas de 6 centros da rede de centros escolares solidarios, participaron no I Encontro da rede de centros Escolares Solidarios, e nas que amosaron os seus proxectos e as súas “micromovies solidarias”, en base aos seus proxectos que desenvolven ao longo do curso escolar. Arelar, coordinou o proxecto de “micromovies solidarias” nos diferentes centros, ademais da organización do encontro promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Durante o encontro o alumnado visionou as “micromovies” realizadas durante o final do curso pasado, e logo puideron amosar en diversos stands os seus proxectos solidarios que impulsan dende cada centro.
Se queredes ver os diferentes micromovies podedes velas dende os seguintes enlaces, ou visitando a canle de arelarproxectos.
“A tortura de Carmen” IES DAVID BUJÁN
“Solidaridade” IES AFONSO X O SABIO
“Vidas infravaloradas” CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
“O descubrimento de Lois” IES A PINGUELA
“Un final feliz” IES CARLOS CASARES
“Unha segunda oportunidade” CPI DOMINGO FONTÁN
“Monfero Solidario” CPI VIRXE DA CELA
“Xuntos somos máis” IES MUGARDOS
Parabéns para todo o alumando e profesorado implicado neste proxecto polo proceso xerado e os resultados conqueridos. O seu traballo deu pé a un encontro xerador de redes a prol da solidaridade.