O proxecto EMPATIZA promovido pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Vilagarcía regresa as aulas, e aqueles centros que o solicitaron, están a desenvolver as sesións co alumnado nestas datas, e sempre seguindo tódalas recomendacións hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia da COVID-19, o que está permitindo que o alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria poida aprender a resolver conflitos, e formarse en habilidades básicas para o afrontamento pacífico dos mesmos.
A resposta do alumnado está sendo moi positiva, e dende unha metodoloxía que se está a adaptar as circunstancias actuais, permite que o alumnado, analice situacións conflitivas cotiáns, reflexione sobre as posicións e necesidades no conflito, e permite que se xeren alternativas para a súa resolución.
En ocasións, o alumnado está a abordar conflitos reais que desexa solucionar, o cal multiplica o impacto do proxecto na realidade do alumnado.