Archives

“+ Q Fútbol” a ritmo de rap

 

Aqui compartimos o rap do “+ Q Fútbol” xordido dos participantes do propio proxecto e coa colaboración do grupo, “olímpicos”, algúns dos seus membros asiduos participantes no proxecto.

Dende a creación deste rap amósanse os valores e ideas centrais do proxecto, dun xeito que conecta coa mocidade e elaborado polos propios mozos e mozas.

No desenvolvemento do “+ Q Fútbol” xorden procesos paralelos de gran interese e potencialidade educativa. Este rap é un claro exemplo.

 

O “+ Q Fútbol” tivo un fin de festa espectacular

Onte tivo lugar o peche desta fase do proxecto do “+ Q Fútbol”, contando coa visita de María Castelao, concelleira de Benestar social, e Rebeca Domínguez, concelleira de Educación. Ademais, tivemos a presenza dun combinado feminino de xogadoras de varios equipos da cidade para celebrar o fin de festa. Ademias, a xornada converteuse nun espazo extraordinario para vivenciar a práctica do deporte en igualdade, dende o rsepecto e o o desfrute.

???????????????????????????????                                                        Foto de grupo do “+ Q Fútbol”

 

Aqui vai un enlace da nova publicada dende o Concello.

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=10325

“+ Q Fútbol”: un proxecto en constante movemento

O proxecto do “+ Q Futbol”non parou durante o mes de agosto, no que os participantes, desputaron 2 partidos de fútbol-7 no campo de fútbol de Belvís. Diversión, esforzo, golazos, xogo en equipo e moi bó ambiente para unha tarde de verán moi saudable en Compostela.

Pero, ademais de bo rollo, entusiasmo e amizade, dende o “+ Q Fütbol” tamén podemos ollar xogadas espectaculares que fan a delicia de todos aqueles que desfrutamos dos partidos.

ollade, ollade……………

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=VKnP0tyb-6g

E o mellor está por chegar. En breve teremos un fin de festa espectacular……